Tarefa 1

A partir dosque tedes vídeos na programación da unidade, haberá que escribir un texto no que se explique o contido do vídeo.
O proceso será o seguinte:
1.- Elaborar un esquemas coas ideas principais ou temas do texto. Por exemplo:

1. Primeiro -ou principal- núcleo temático
1.1 Idea subordinada á anterior e principal (se a houbese)
1.2………………………………………………………………………..
1.3………………………………………………………………………..
1.3.1 Idea subordinada á anterior
1.3.2………………………………..
2. Segundo núcleo temático
2.1…………………………………………………………………………….
2.2…………………………………………………………………………….
3. Terceiro núcleo temático
3.1 ……………………………………………………………………………
3.2 ……………………………………………………………………………


2.- Redactar un borrador. Primeira redacción do texto seguindo a estrutura que se utilizou para o esquema. Lembrade o que famalamos na clase no tema 5 sobre a estrutura discursiva e os parágrafos.

3.- Redacción final. Volver a ler o borrador e ir pulindo o texto para melloralo e darlle o formato definitivo. Haberá que ir eliminando as incorreccións gramaticais ou ortográficas, con axuda dun dicionario ou corrector, e tratar de mellorar a redacción e a estrutura do texto. Mirade que a sintaxe sexa o sinxela e comprensible, que as ideas estean ben organizadas e que os parágrafos respondan á estrutura inicial e dean o texto certo equilibrio formal.

4.- Lectura do textos na clase o xoves, día 29 de xaneiro de 2013.


.


sábado, 1 de febrero de 2014

Comentario de "BOTARSE AO MONTE"

Tema Principal :
Ruta urbana por Pontevedra.
Temas Secundarios :
  1. O Río Gafos
  2. Zona Vella
  3. Marismas Da Xunqueira
  4. Presa de Bora

Resumen
Neste vídeo aparece Touriñan para amosarnos unha parte de Pontevedra seguindo a "Ruta do Colesterol".
O primeiro lugar que nos ensina é o Río Gafos, onde se atopa con Pablo e Manuel. Estes dous homes cóntannos nas malas condicións nas que se atopaba o río e como o limparon para que quedara como o podemos disfrutar agora.
Despois volve á estación de trens, o seu punto de partida, para coller unha bicicleta e dirixirse á zona vella de Pontevedra. Alí atópase con Raquel , unha guía turística que lle ensina as partes máis importantes como a estatua do loro Rabachol ou a de Valle Inclán.
Por último lévanos ata a Presa de Bora, onde nos explican algunhas cousas sobre o ecosistema. Despois de esto atópase con Manolo o que nos explica un pouco sobre a presa. Despois nos dan unhas poucas recomendacións sobre como observar os animais. Finalmente amósanos un parrulo macho e danos un paseo polo Río Lerez ata chegar a un bosque de ribeira e nos amosa as características de éste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario